Na actualidade, cando traballamos o concepto de Habilidades Sociais o facemos coa definición de Vicente Caballo:
As habilidades sociais vistas na clase foron as seguintes:
- Asertividade: Consiste nun tipo de comportamento co cal defendemos os nosos dereitos, opinións, sentimentos, crenzas... respectándome ao meu mesmo/a e as demáis persoas. A asertividade é un termo medio entre a conducta pasiva e a agresiva:
Os tres estilos de comportamento que usamos as persoas son:
- Pasivo: Persoas que adoptan responder de forma dubitativa e indirecta, é dicir; non exercen os seus dereitos propios.
- Agresivo: Persoas que responden de forma clara e concisa, exercendo os seus dereitos pero non respectan os das demáis persoas, utilizando unha linguaxe impositiva.
- Asertivo: Persoas que si responden dunha forma directa onde fan fronte ás situacións difíciles sen deixar de mostrar as súas opinións de forma clara e sen imposición, e dicir; respetan os dereitos e sentimentos das demais persoas.
A ventaxa da asertividade está en defender os propios dereitos dunha maneira que aínda que obxetivo principal non o academos, quedaremos coa sensación de actuar no propio beneficio sen perxudicar a ninguén. As persoas que utilizan este tipo de comportamento teñen unha autoestima que se ve fortalecida.
Hai moitas Técnicas Asertivas que podemos poñer en práctica no noso día a día,
O inconvinte é que para unha persoa non asertiva, a nosa asertividade pódese traducir en agresividade. Ás persoas cun estilo de comunicación agresivo non lles gusta un profesional da orientación tranquilo/a e seguro/a, ao contrario, máis ben resultalles molesto un ton de voz moderado ou unha capacidade de resposta rápida e segura. E outro caso é o das persoas usuarias cun comportamento pasivo, que para evitar o conflicto non mostran as súas intereses polo que difícilmente conseguen o seu obxetivo, a súa autoestima é baixa polo que tenden a sentirse mal con eles/as mesmos/as ou enfadados/as coa situación en xeral.
A continuación, deixamos o seguinte video sobre Asertividade e a importancia da mesma:
- Empatía: Acción e capacidade de comprender, ser consciente, ser sensible ou experimentar de maneira vicariante os sentimentos, pensamentos e experiencias das outras persoas, sen que eses sentimentos, pensamentos e experiencias fosen comunicados de maneira obxectiva ou explícita.
A empatía ten dúas categorías:
- Intelixencia emocional: É, según Daniel Goleman, a capacidade de recoñecer o nosos propios sentimentos e os dos demáis, de motivarnos e de manexar adecuadamente as relacións. Os compoñentes da intelixencia emocional son:
No seguinte corto poderedes ver o importante que é para as persoas a Intelixencia emocional:
Deixamos tamén un Test de Intelixencia Emocional.







