Reflexión sobre o meu PLE (Personal Learning Environment)
Para min un PLE é o entorno dixital no cal nos nutrimos para obter información e aprendizaxes formais e non
formais, mediante o uso de ferramentas e recursos virtuais que nos permiten
obter información, crear e compartir coñecementos.
Aquí vos deixo a imaxe do meu PLE inicial:
![]() |
| Fonte: Elaboración propia |
Eu para o meu PLE, a ferramenta que viña empregando dende que a descubrín durante a carreira é symbaloo. Esta ferramenta permite ter un escritorio de organización na rede, e ter a un clic as páxinas que máis emprego, ademais permite a sua organizadas por cores segundo o uso que lle damos.
Mostrovos o meu Symbaloo:
Tanto o PLE, como a ferramenta anteriormente descrita, deben estar en constante actualización, pois en determinados momentos hai ferramentas que deixamos de empregar e outras que debemos engadir, como pasou neste ano onde plataformas como Zoom pasaron a formar parte case imprescindible das nosas vidas.
Para ver se podía incorporar unha nova ferramenta das propostas nunha das sesións do POLAB20, decidín darlle a oportunidade a Scoop.it, a cal serve para reunir información do noso interese e compartila.
O primeiro paso como en case todalas plataformas foi rexistrarme, eu optei por facelo dendo o email.
Tras estar navegando durante un tempo na páxina, déixovos a miña opinión persoal sobre esta plataforma.
A favor:
- Conta con bastantes e variados contidos de interese (vídeos, documentos...).
- Podes engadir contidos propios ou do teu interese
En contra:
- A versión gratuíta de esta ferramenta e moi limitada (non permite compartir noutras aplicacións, non deixa crear máis de un topic, non deixa customizar...)
- Non resulta tan intuitiva como outras aplicacións
Para finalizar, creo que esta ferramenta pode ser unha gran fonte na que obter contidos de interese e gardalos, sendo conscientes das limitacións da aplicación na súa versión gratuíta.
Se queredes saber máis:

No hay comentarios:
Publicar un comentario