A temática principal é intentar fomentar a igualdade entre homes e mulleres dentro do ámbito da orientación profesional, introducindo a perspectiva de xénero.
A sesión persegue os seguintes obxectivos:
- Coñecelos distintos de prexuizos e discriminacións presentes no mercado laboral e que afectan a inclusión das mulleres ao vivir nun sistema patriarcal.
- Identificar as estratexias e as fases dunha orientación individualizada.
- Detectar os factores de discriminación nun proceso de inserción laboral.
- Aplicar a perspectiva de xénero na entrevista inicial de orientación.
A metodoloxía usada nesta sesión, foi ir dende o xeral ao particular. Dividindo a exposición en tres momentos: introdución, orientación laboral con perspectiva de xénero e un caso práctico.
Na parte introdutoria, fai fincapé en como a construción social de xénero afecta directamente nos proxectos vitais e profesionais de cada persoa. Así, o xénero como estrutura de poder, inflúe directamente na elección vocacional das persoas e no seu futuro profesional. Por iso, é preciso utilizar a perspectiva de xénero para poder romper cos roles e estereotipos de xénero, antes, durante e despois da inserción laboral.
Aquí deixamos un vídeo moi ilustrativo sobre os roles de xénero e a elección das profesións:
Unha parte importante deste bloque foi explicar a Teoría Feminista e as súas catro olas, neste apartado fixose referencia a mulleres importantes na historia como Olympe de Gouges e Rosa Cobo na actualidade. Podedes ampliar a información neste artículo: "As catro olas do Feminismo"
Pasamos a analizar os tres principais focos de acción que debemos coñecer para saber como se constrúe a desigualdade de oportunidades:
Margot Valcárce, expuxo que para traballar no proceso da igualdade de oportunidades, debemos diferenciar algúns termos importantes: feminismo, machismo, hembrismo, roles de xénero, socialización de xénero, axentes socializadores, emprego, traballo...
Salientar que hai un libro que explica toda a terminoloxía de todos os conceptos á hora de traballar cun enfoque feminista. A continuación, deixamos o enlace ao mesmo: ABC Feminista.
A desigualdade e discriminación que envolven ás mulleres traspasan todos os ámbitos da súa vida, incluído o laboral. Por iso, aínda seguen existindo postos de traballo onde por un mesmo traballo e unha mesma productividade, as mulleres seguen cobrando menos diñeiro e seguen existindo trabas no acceso a certos postos de traballo.
Unha vez temos contextualizada a construcción das desigualdades, traballaremos na discriminación laboral das mulleres dende a perspectiva de xénero que ten tres pilares básicos:
- Recoñecer as relacións de poder entre os xéneros (como grupo social se trata en positivo os homes e discriminan as mulleres).
- Ditas relacións construíronse histórica e socialmente.
- Estas relacións articulánse con outras relacións sociais (clases, edad, preferencia sexual e relixión).
Todo isto, moi importante para coñecer a realidade das mulleres na actualidade (diferentes casuísticas e características):
- Acceso a empregos de menor recoñecemento.
- A sociedade segue liderada por homes.
- A participación nas tomas de decisións segue sendo maioritariamente de homes.
As discriminacións laborais son moi sutiles, dende as variables cualitativas, como: tipos de contratos, promoción, xornada, salario, trato, asignación de tarefas, permisos, conciliación, recoñecemento...entre outras.
A mellora da empregabilidade das mulleres en situación de vulnerabilidade dende a acción orientadora ten tres bloques moi importantes:
- Traballar competencias sociolaborais: Empoderamiento, motivación, autoestima, recoñecemento dos intereses propios e identificación das competencias que poseen.
- Mellorar a cualificación: información sobre formación, asesoramento e acompañamento
- Apoio: que coñezan os dereitos laborais.
Parte práctica
Na primeria parte do bloque práctico, Margot explicou a acción orientadora para chegar a realizar un itinerario personalizado de inserción.
A continuación, na seguinte táboa vemos as distintas fases dun itinerario:
Tras o descanso no que deixamos atrás a parte máis teórica, comezamos a traballar pequenos grupos a través das salas Jitsi Meet habilitadas para esta función.
Para o caso práctico comezamos coa visualización de dous videos “Ley Micaela: la división sexual del trabajo” e “Peridis. Las 10 claves de empleabilidad”.
A posta en común resultou moi enriquecedora, posto que fomos vendo como afrontar unha primeira entrevista e os temas a tratar nesta, sendo a cuestión principal nesta acollida centrarnos na coñecemento da persoa, ademais comprobar que debemos ter en conta que hai pasos que debemos deixar para próximas entrevistas.
Como conclusión queremos sinalar que o enfoque de xénero na orientación laboral é moi importante, xa que é un instrumento específico de análise da acción e intervención orientadora, fundamentando o proceso de orientación nas teorías de xénero, favorecendo a igualdade de oportunidades entre sexos, debendo evitar caer en mitos, prexuízos ou sesgos.
Lexislación relacionada
A continuación deixamos uns enlaces a lexislación actual en materia de igualdade
- Decreto Legislativo 2/2015, de 12 de febrero, por el que se aprueba el texto refundido de las disposiciones legales de la Comunidad Autónoma de Galicia en materia de igualdad.
- Real Decreto 902/2020, de 13 de octubre, de igualdad retributiva entre mujeres y hombres.
- Ley Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la igualdad efectiva de mujeres y hombres.
Wakelet
Aquí vos deixamos a compilación dos chíos de esta sesión, que nos achegou a nosa compañeira.





No hay comentarios:
Publicar un comentario