domingo, 22 de noviembre de 2020

Habilidades e competencias sociais

O tema a tratar nunha das sesións do posgrado foi "Habilidades e Competencias Sociais". Este tema foi impartido por José María Rolón Varela, profesor da área de Psicología Social na Universidade da Coruña. Imparte docencia sobre habilidades e técnicas de comunicación dentro do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, e tamén colabora como docente no seu ámbito en diversos mestrados e cursos de posgrao da Universidade da Coruña.

Hoxe en día, todas as persoas (profesionais ou desempregadas) precisamos dominar as habilidades sociais básicas de cara a procura de emprego porque nos procesos de selección teñen, cada día máis, un peso moi importante.

Cando falamos de habilidades e competencias sociais estamos a falar de: respeto cara as demáis persoas, ter unha comunicación tanto expresiva como receptiva, compartir emocións, asertividade, prevención e resolución de conflitos e a capacidade de xestionar situacións emocionais.

Na actualidade, cando traballamos o concepto de Habilidades Sociais o facemos coa definición de Vicente Caballo:

                         

As habilidades sociais vistas na clase foron as seguintes:

  • Asertividade: Consiste nun tipo de comportamento co cal defendemos os nosos dereitos, opinións, sentimentos, crenzas... respectándome ao meu mesmo/a e as demáis persoas. A asertividade é un termo medio entre a conducta pasiva e a agresiva:

                     

Os tres estilos de comportamento que usamos as persoas son: 

    1. Pasivo: Persoas que adoptan responder de forma dubitativa e indirecta, é dicir; non exercen os seus dereitos propios.
    2. Agresivo: Persoas que responden de forma clara e concisa, exercendo os seus dereitos pero non respectan os das demáis persoas, utilizando unha linguaxe impositiva.
    3. Asertivo: Persoas que si responden dunha forma directa onde fan fronte ás situacións difíciles sen deixar de mostrar as súas opinións de forma clara e sen imposición, e dicir;  respetan os dereitos e sentimentos das demais persoas. 

A ventaxa da asertividade está en defender os propios dereitos dunha maneira que aínda que obxetivo principal non o academos, quedaremos coa sensación de actuar no propio beneficio sen perxudicar a ninguén. As persoas que utilizan este tipo de comportamento teñen unha autoestima que se ve fortalecida.

Hai moitas Técnicas Asertivas  que podemos poñer en práctica no noso día a día,

O inconvinte é que para unha persoa non asertiva, a nosa asertividade pódese traducir en agresividade. Ás persoas cun estilo de comunicación agresivo non lles gusta un profesional da orientación tranquilo/a e seguro/a, ao contrario, máis ben resultalles molesto un ton de voz moderado ou unha capacidade de resposta rápida e segura. E outro caso é o das persoas usuarias cun comportamento pasivo, que para evitar o conflicto non mostran as súas intereses polo que difícilmente conseguen o seu obxetivo, a súa autoestima é baixa polo que tenden a sentirse mal con eles/as mesmos/as ou enfadados/as coa situación en xeral.

A continuación, deixamos o seguinte video sobre Asertividade e a importancia da mesma:  

                                   

  • Empatía: Acción e capacidade de comprender, ser consciente, ser sensible ou experimentar de maneira vicariante os sentimentos, pensamentos e experiencias das outras persoas, sen que eses sentimentos, pensamentos e experiencias fosen comunicados de maneira obxectiva ou explícita.

         A empatía ten dúas categorías:

                   

  • Intelixencia emocional: É, según Daniel Goleman, a capacidade de recoñecer o nosos propios sentimentos e os dos demáis, de motivarnos e de manexar adecuadamente as relacións. Os compoñentes da intelixencia emocional son:

                      
 
No seguinte corto poderedes ver o importante que é para as persoas a Intelixencia emocional:

                                       

Deixamos tamén un Test de Intelixencia Emocional  

Un comportamento asertivo, facilita o traballo en equipo e axúdanos as persoas a resolver os conflictos que aparecen cando traballamos con moita xente. Cando nun grupo de persoas xorde un desacordo pódese crear un conflito, o cal pode ser positivo e promover cambios e incluso que as persoas que entran en conflito poñan en práctica novas competencias e habilidades. Pero, tamén pode conlevar consecuencias negativas como o desgaste emocional e a perda de tempo na execución doutras tarefas.

Hai 4 estilos de enfrontamento ao conflicto:

                              


Faise preciso actitudes de cooperación para resolver o problema. 

O conflito hai que relacionalo co proceso de toma de decisións. É moi importante no contexto da Orientación Laboral xa que é un aspecto constante nas nosas vidas. Tomar unha boa decisión consiste en trazar o obxectivo que se quere conseguir, reunir toda a información relevante e ter en conta as preferencias do que ten que tomar dita decisión.

Os pasos para a resolución de conflitos son: 

                1. Definir o problema.
                2. Buscar alternativas.
                3. Analizar e avaliar cada unha das alternativas.
                4. Decidir a alternativa máis adecuada.
                5. Poñer en marcha.
                6. Revisión.

Para finalizar, nos como Orientadores/as laborais debemos coñecer e asesorar cara un bo uso destas ferramentas de sociabilización, mostrar as súas potencialidades na procura de emprego e autorrealización, pero tamén advertir dos perigos que conleva un mal uso de estas.

A continuación, deixamos unha entrada sobre Reestructuración cognitiva, unha técnica moi útil para facer frente aos pensamentos irracionais e transformálos en pensamentos máis saudables, imprescindible para unha mellor comunicación asertiva e empática 

Aquí vos deixamos a compilación dos chios xerados nesta sesión:

No hay comentarios:

Publicar un comentario