jueves, 29 de octubre de 2020

QUE IMPLICA PARA MIN SER ORIENTADORA LABORAL?

    Vou comezar esta entrada sobre o que para min implica ser Orientadora Laboral facendo uso da tarxeta creada desde unha plantilla de Canva  para a tarefa do padlet proposta no #POLAB20, e a partires dela, ir compartindo as miñas reflexións acerca desa labor de acompañamento que iniciamos coas persoas que se atopan á procura dun emprego ou tratando de mellorar o que xa teñen:


Fonte: Elaboración propia con Canva

  • ASESORAMENTO: O traballo fundamental do asesoramento (e para min, o máis difícil), non é informar, aconsellar ou recomendar; senón axudar a que a xente faga o que ten que facer, que deixen a un lado a inercia. O que resulta evidente é que para xestionar un cambio, sexa da natureza que sexa, cómpre ser experto; e para recomendar e/ou aconsellar, o único que fai falla é ter opinión. Polo tanto, entendo que o obxectivo principal do asesoramento como orientadores laborais, debería ser axudar a conseguir, non simplemente decir. Considero, polo tanto, que andar a repartir consellos, que a función que teñen é a de crear un estado de ánimo favorable, e sobre todo  NON SOLICITADOS, non sería a nosa función como profesionais, todo o contrario paréceme unha mala praxe.
  • FORMACIÓN: Entendo que como profesionais da orientación, deberiamos centrarnos exclusivamente nos obxectivos dos nosos usuarios, axudarlles a atopar alternativas de cualificación e mellora, ainda que iso requira esforzo e planificación. O de realizar cursillos (que moitas veces os demandantes prefiren facer e os orientadores recomendar), penso que é un estigma arraigado que provén de entornos públicos, onde os procesos de selección do persoal baséanse nos títulos e non nas competencias, no que se sabe facer. Esto, certamente, non ten porque entrar en contradición con escoller unha dedicación e ir especializándonos nela por medio da realización de cursos específicos, especializarse está ben, pero o que non se pode pretender é ser experto en moitas cousas.
  • ENTRENAMENTO: Definiríase como o proceso mediante o cal a persoa se prepara para desempeñar de maneira excelente as tarefas específicas do cargo que quere ocupar, ou dito de xeito mais informal, o traballo de conseguir traballo. O entrenamento en destrezas de procura de emprego debería ser unha das características dos programas de orientación laboral. Todas as habilidades poden aprenderse, pero son necesarias técnicas e, sobre todo, ter ben claro que se debe estar disposto a adicar tempo e vontade. Practica e saberás!
  • MOTIVACIÓN: Resulta irrefutable en calquera ámbito da nosa vida, que cando unha persoa fixa un punto no horizonte traza un camiño que invita a ser seguido. Unha persoa que non se propón obxectivos e/ou metas profesionais, por definición soe ser unha persoa desmotivada, e, a miúdo, desanimada. O demandante sentirase máis implicado no  seu proceso de procura de emprego se se marca (ou lle axudamos a que se marque) os seus propios obxectivos: mais e mellor planificación implica mais e mellor motivación. Neste punto é no que os orientadores temos que ter claro que animar pode resultar sinxelo, pero motivar é produto de planificación e esforzo. O ánimo cambia as emocións, pero a motivación cambia o  comportamento. E por suposto, tamén nos casos nos que se decide reinventarse profesionalmente.A motivación fainos MOVER. No proceso de procura/mellora/cambio de emprego, a motivación medrará se van fixando metas alcanzables e concretas. Convertíndonos nunhos bos buscadores de emprego, xa estaremos motivados para atopalo.
    Non quería rematar esta entrada sen deixarvos o enlace a un video sobre selección de persoal da empresa Heineken (máis ben, unha estratexia de marketing, entendo).Xa ten uns aniños, pero sigo empregándoa a miúdo nas sesións de orientación laboral, na parte motivacional:
  

 
 
Para saber máis:
 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario