lunes, 26 de octubre de 2020

Muller e teletraballo. Unha habitación propia

 UNHA HABITACIÓN PROPIA PARA TELETRABALLAR

Como dixo no seu momento Virginia Woolf : "unha  muller debe ter cartos  e unha habitación propia se desexa escribir ficción" Agora mesmo creo que tamén diría que unha muller debe ter cartos e unha habitación propia se desexa teletraballar.

A seguinte publicación é un resumo- exposición das conclusións das seguintes lecturas: informe realizado por Mireia de las Heras "Mujer y trabajo en remoto durante el COVID-19" e o Boletín de igualdad en el empleo BIE_1 sobre teletraballo no seu artigo "Riesgos sobre la conciliación, la corresponsabilidad y la igualdad", os cales veñen a poñer outra vez na palestra as desventaxas laborais das mulleres nesta novedosa forma de traballo en remoto.

Os datos que aparecen no informe de Mireia de las Heras nos veñen dicindo que as mulleres foron as mais perxudicadas polo teletraballo na etapa do confinamento desta primavera pasada. Neste sentido destaca que:

  • un 29% mais que os homes tiveron a responsabilidade no coidado de persoas
  • un 20% mais que os homes sufriron fatiga mental
  • e un 16% mais que os homes sufriron de estrés


Na mesma línea escribe o artigo "Riesgos sobre la conciliación, la corresponsabilidad y la igualdad do BIE_1 de 1 de xullo de 2020 onde describe as desventaxas do teletraballo para as mulleres:

  • aumento da carga de traballo doméstico e de coidados a persoas
  • desregularización horaria: xornadas interminables, falta de desconexión...
  • empeoramento da saúde laboral: estrés e fatiga
Con todos estes datos podemos deducir que o traballo en remoto ou teletraballo ofrece un paso atrás no posicionamento das mulleres no mundo laboral con respeto a:
  • medidas obxectivas cara a conciliación e reforzamento da feminización dos coidados
  • o teletraballo pode operar como ferramenta indirecta de discriminación, hai estudos que confirman que o seu aumento foi mallor en mulleres que en homes.
  • terán menores opcións de estar presentes nos lugares onde se tomen as decisións 
Podemos deducir que a decisión das mulleres para escoller o teletraballo estiveron e estarán baseadas nas facilidades de conciliación para a sua vida laboral e familiar, e que esta mesma conciliación non vai a influir na mesma decisión tomada por homes, mentres non se xestione nos fogares a corresponsabilidade das tarefas e coidados. Esto implicará un peor posicionamento das mulleres de cara a conseguir os seus obxectivos laborais, á vez que se pode desvalorar o teletraballo por considerar, ou ben que é un traballo que maioritariamente asumen as mulleres para poder conciliar, ou que perda valor porque se desenvolve na casa entón non é importante.

Todos esto debería terse en conta á hora de 
  • regularizar o teletraballo dende unha perspectiva de xénero, Real Decreto-lei 28/2020 do 22 de setembro, de traballo á distancia 
  • da toma de decisión individual de teletraballar
  • decisión empresarial de ofrecer e regular o teletraballo
  • estar pendente como sociedade dos retos feministas
  • da orientación profesional de cara a informar das ventaxas e desventaxas deste modo de traballo

No hay comentarios:

Publicar un comentario