Nesta nova tarefa do #POLAB20 veño como #sinaturaconvidada ao grupo 11 aos que agradezo a súa dispoñibilidade de darme un oco no seu blogue para publicar o meu artigo sobre paro xuvenil e o sistema de garatía xuvenil.
É evidente a importancia de ter un emprego na sociedade actual, porque nos permite o acceso a ingresos e servizos e facilita as relacións sociais, posibilitando unha identidade e un recoñecemento social que, doutro xeito, resulta dificilmente asequible. Pero, estas dificultades van en aumento cando se é xove, a falta de experiencia ou formación dificulta a inserción laboral da xuventude, persoas entre 18 e 30 anos.
Podería achacarse este fenómeno ás consecuencias da crise económica, se ben, este foi un factor que claramente aumentou o paro xuvenil, este aumento de xoves en desemprego xa viña de antes, ainda que en menor medida.
Desde as institucións están tratando de implementar políticas para paliar esta situación, se ben, pode haber moitas razóns polas que as políticas deseñadas non funcionan. Polo xeral, un dos erros máis comúns é tratar o paro xuvenil como un fenómeno homoxéneo. E as políticas de emprego definironse sobre a base deste concepto unidimensional, obviando en parte as múltiples dimensións vinculas ás debilidades estruturais do mercado laboral español, así como a idade, á formación, e en menor medida, ó sexo.
☝. 
Pódemos observar na gráfica que o paro xuvenil en Galicia e lixeiramente inferior ao paro xuvenil do conxunto de España
![]() | |
Pódemos observar na gráfica que o paro xuvenil en Galicia e lixeiramente inferior ao paro xuvenil do conxunto de España |
E centrándonos un pouco máis en Galicia,
No terceiro trimestre 2020, dos 318.700 mozos e mozas galegos de entre 16 e 29 anos, 108.200 (o 33,95%) están ocupados, 42.600 (o 13,37%) parados e os167.900 (o 52,68%) restantes son inactivos.A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 34% no terceiro trimestre de 2020. Con respecto ao trimestre anterior aumenta 2puntos; con respecto ao mesmo trimestre do ano 2019 diminúe 6,6 puntos.A taxa de paro xuvenil sitúase no 28,2% neste trimestre; aumenta 2,1 puntos respecto ao trimestre anterior. En comparación coterceiro trimestre de 2019, aumenta 7,9 puntos.
![]() | |
| Fonte. Observatorio galego da xuventude |
Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos mozos ao mercado de traballo. Ten como obxectivo garantir que os mozos entre 16 e 29 anos poidan recibir unha oferta de emprego, de educación continua ou un período de prácticas tras acabar a educación formal ou quedar desempregados.
- A QUEN VAI DIRIXIDO GARANTIA XUVENIL?
Garantía Xuvenil está dirixida a mozos/as en procura de emprego que non se atopen en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, e queiran lograr a súa inserción plena no mercado laboral.
- CALES SON OS REQUISITOS?
- Os/as mozos/as poderán solicitar a súa inscrición en garantía xuvenil sempre que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter máis de 16 anos ou menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición
- Non traballar no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Non recibir accións educativas nin formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
- Ter nacionalidade española ou, ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
- Estar empadroado en calquera localidade do territorio español.
- COMO PODO INSCRIBIRME?
O Servicio de Empleo Estatal (SEPE) procedeu a aplicar unha serie de cambios no procedemento de inscrición no Sistema Garantía Juvenil con efectos a partir do 14 de outubro de 2020.
A partir de esa data as persoas solicitantes poden obter o seu usuario e contrasinal directamente a través da aplicación. Hai cinco opcións para seleccionar a forma de inscrición:
1.Inscrición con DNI electrónico, con certificado dixital ou Cl@ave.
2.Inscrición con usuario e contrasinal.
3.Inscrición presencial de forma asistida nas Cámaras de Comercio.
4.Se non necesitas inscribirte, porque xa estás inscrito.
5.Inscrición para persoas con discapacidade ou risco de exclusión social.
Se queres saber máis sobre esta temática, pincha nos seguintes enlaces:
