Ola, son Pilar Lago. Fai xa uns anos rematei a Licenciatura en Dereito pola USC. Ó rematar atopei unha oferta de emprego nunha Empresa de Traballo Temporal facendo tarefas de prospección empresarial e pouco a pouco tamén adiqueime á selección de persoal. Mentras tanto seguin formándome e fixen o Master de RRHH na Escola de Negocios de Caixanova e o de Técnico Superior en Prevención de riscos laborais na Confederación Empresarial de Ourense.
Despois de 15 anos no mesmo sector pero en diferentes empresas, decidín dar un xiro a miña vida e comencei a traballar como Prospectora laboral nun Programa Integrado de Emprego. Encantoume a experiencia e sigo traballando noutro Programa na actualidade, pero neste intre o fago como Orientadora. Entre contrato e contrato aproveitei para facer o Certificado de Profesionalidade de Docencia para o Emprego e xa traballei como Docente impartido clases de transversales.
Este son eu:
| Así son eu, en branco e negro :-) |
E como creo firmemente na formación continúa este ano, aproveitando que non é presencial, atópome aquí no Posgrado de Orientación Laboral do CIXUG xa que son das persoas ás que dissfruta aprendendo cousas novas e o confinamento fixo que pensara que agora ou nunca.
Déixovos unha das miñas cancións preferidas en recordo das mulleres vítimas de violencia de xénero, un dos colectivos das miñas tarefas de orientación.
Deixavos unha recomendación de un libro que me marcou moi positivamente: A práctica da intelixencia emocional" de Daniel Goleman.
No hay comentarios:
Publicar un comentario