Presentación profesional: Cruz Refojos.
Ola a todas_ grupo 11! son Cruz, educadora social e intérprete de LSE.
A miña traxectoria profesional está vinculada ás persoas maiores. Neste ámbito de intervención traballei durante 10 anos aproximadamente.
Neses anos nunca deixei de formarme realicei o Máster en Dependencia e Xestión de SSSS, da Universidade da Coruña, Programa Superior de Mediación, Uned, formacións en igualdade, Atención Centrada na persoa…
Colaborei tamén varios anos no grupo de estudos Geix, que pertence ao Colexio de Educadores e Educadoras de Galicia.
Hai uns anos, empecei a ter outras inquietudes, polo que desde hai case dous anos decidín deixar a estabilidade laboral, a tranquilidade do coñecido e saír da zona de confort.
Esta decisión levoume a traballar con mulleres con discapacidade intelectual e actualmente estou a levar a cabo un proxecto de empoderamiento feminino e de prevención en violencia de xénero nunha asociación.
Cústame moito elixir unha soa canción, así que decido compartir esta xa me encantan: a canción e ela.
Un dos libros que lín foi o de Lectura fácil, de Cristina Molares (o libro );aínda que non me encantou, sí que reflicte aspectos da intervención con persoas con discapacidade intelectual e volo recomendo.
Un saúdo e vémonos online!


